lunes, 4 de mayo de 2020

RETO 11

HOLA HOLA! 

Hoxe, para dar a benvida ao mes de maio e aproveitando estes días soleados, queremos propoñervos o seguinte RETO. Trátase dun OBRADOIRO FOTOGRÁFICO que levaremos a cabo ao longo de toda a semana aproveitando os nosos paseos diarios. Así, á vez que saimos a despexarnos, aproveitamos para pasar un anaco divertido 

O único que necesitamos é unha cámara de fotos ou, no seu caso, un teléfono móbil. O seguinte paso é poñernos mans á obra: durante as nosas saídas fixarémonos naquelas cousas que vos chamen a atención e sacaremos unha FOTO. Poden ser cousas da natureza, animais, xente facendo deporte ou incluso vos mesmos!! Ahí van uns cantos exemplos:






O obxectivo é facer un gran collage con todas as vosas instantáneas. Ademáis, o/a gañador/a da mellor foto, levará un premio especial ✌



ANÍMATE e recorda enviarnos as túas fotos a fapasmenendezpidal@gmail.com 



viernes, 24 de abril de 2020

RETO 10

HOLA HOLA!

Por fin venres rapaces! Unha semaniña menos para voltar a normalidade ✌

Como queremos que sigades disfrutando de esta cuarentena na medida do posible, hoxe traemos un reto moi divertido que estamos seguros de que vos gustará. Aparte de ser moi sinxelo, poderedes sentivos unha auténticas estrelas da televisión, xa que vos presentamos tres probas diferentes que forman parte dun concurso. 

PROBA 1 > actividade moi sinxela na que se mostran diferentes pistas e teredes que relacionalas co deporte correspondiente. 



PROBA 2 > sopa de letras na que terás que atopar algunha das profesións máis de moda nestes intres. Con ela pretendemos facer unha pequena homenaxe a todos os que o están dando todo nesta crise. 



PROBA 3 > rosco de pasapalabra! 



Pincha nos enlaces e pasa un anaco ben divertido! Recorda enviar unha foto ou un vídeo a fapasmenendezpidal@gmail.com para amosarnos o ben que o fas. 

lunes, 20 de abril de 2020

Clasificación semana 4

HOLA HOLA!

A continuación adxuntamos a clasificación da cuarta semana de este "Xaque ao Virus". Como podedes comprobar, grazas ao esforzo de todos nós, estamos a conseguir unha chea de puntos, o cal significa que estamos preto de vencer este virus 💪


Aproveitamos esta publicación para facer unha mención especial aos que están ahí, en primeira liña de batalla peleando un día tras outro. E que mellor maneira de facelo que este cómic de JULIO ZANFAÑO:



¡GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!

viernes, 17 de abril de 2020

RETO 9

BOAS!

Hoxe, para rematar a semana traemos un novo reto. Supoñemos que todos tendes na casa unha baralla de cartas non? Pois a proba consiste en facer un CASTELO DE NAIPES. Canto máis alta e máis cartas, MELLOR. 



É moi sinxelo e servirá para axitar tanto a vosa concentración como o voso corpo.  Aquí vos deixamos un vídeo que vos pode servir de axuda. 




VEÑA, A TRABALLAR! Fai o teu castelo e envía unha foto ou un vídeo a fapasmenendezpidal@gmail.com


BOA FIN DE SEMANA!! 

miércoles, 15 de abril de 2020

Videochamada

HOLA HOLA!!!

Qué tal vai o confinamento rapaces? Hoxe, en vez de un reto, traemos unha nova proposta que creemos que vos gustará.

Seguro que despois de tantas semanas sin ver aos vosos colegas, botádelos de menos. Por iso, dende a Federación pensamos que vos gustaría poder compartir un anaco divertido con eles e contarvos qué tal levades esta situación.

Cómo imos facer iso? Moi sinxelo. A nosa proposta é levar a cabo unha videochamada a través dunha plataforma chamada "Zoom", donde ademáis de ver aos vosos colegas e poder falar con eles en vivo e en directo, haberá moitas sorpresas ;) 

Qué hai que facer? Nada, tan só tes que enviar un correo a dirección do blog fapasmenendezvidal@gmail.com e nós enviaremosche un correo de volta coas instruccións.




VEÑA, ANIMÁDEVOS!




lunes, 13 de abril de 2020

Clasificación semana 3

Hola de novo!

Despois das "vacacións" de Semana Santa, a clasificación xeral é a seguinte: 


Ánimo rapaces, que xa queda menos.

viernes, 10 de abril de 2020

RETO 8

MOI BOAS RAPAZADA!

No Menéndez Pidal non pechamos e aínda que sexa Semana Santa, queremos que os nosos rapaces sigan disfrutando e divertíndose nestes días difíciles. Por iso, aquí vos traemos unha nova proposta:

MENTE EN FORMA > "Códigos musicais"

Coa situación que estamos a atraversar, entendemos que non é doado exercitar a nosa cabeza estando todo día na casa. Pero nos traémosche a solución!! Co seguinte xogo  faremos un exercicio de atención, concentración e memoria á vez que pasamos un anaco ben divertido e entretido en compañía da nosa familia. 

É moi sinxelo, necesitamos varios folios de colores (si non tés, podes facelos ti mesmo/a pintando) e a partir de ahí, tan só temos que improvisar para crear diferentes melodías e intentar que o noso contrincante non sexa quen de repetir a secuencia. 

Aquí deixamos un vídeo que vos pode servir de exemplo, mais queremos ver a vosa capacidade compositora!!



CORPO EN FORMA > "Ioga"

Despois de facer un exercicio de concentración tan esixente, é hora de relaxarnos. Para iso, propoñemos levar a cabo unha pequena clase de iniciación ao Ioga. No seguinte vídeo amosámosche unha demostración para principiantes.


Si prefieres facelo pola túa conta, aquí tendes unha selección das posturas máis sinxelas

Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar puntos para o teu centro. 




jueves, 9 de abril de 2020

Aulas Galegas

Boas de novo!

Aquí estamos un día máis para acercarvos cousas de interese que vos poidan axudar a levar o mellor posible este estado de alarma no que estamos inmersos. 

Hoxe traemos unha nova sección de interese chamada "Aulas Galegas", un portal educativo realizado por un colectivo de profesores e profesoras se ánimo de lucro de toda a Comunidade que pretende axudar ao alumnado e as familias.

                                 https://aulasgalegas.org/ 

No enlace poderás atopar recursos de todo tipo de materiais educativos en galego clasificado por nivel académico e materia. Además, dunha maneira gratuita, comparten contidos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que paga a pena que vexades. 



Aproveitamos esta publicación de interese para recordarvos que no Menéndez Pidal aínda non puidemos estrear a nosa clasificación de puntos, pero estamos a tempo. Bótalle un ollo aos retos publicados anteriormente e envíanos a túa proposta ao correo fapasmenendezvidal@gmail.com 
TODO É CUESTIÓN DE EMPEZAR, QUE NON CHE DÉ VERGOÑA SER O/A PRIMEIRO/A!!

lunes, 6 de abril de 2020

Itinerarios virtuais

Seguro que xa estades cansos de ter que estar nas vosas casas, pero aínda nos queda un pouquiño para poder vencer ao virus que nos está a rodear.

Alén disto, vos animamos a que nos acompañedes nos nosos paseos virtuais polas rúas da nosa cidade e perdernos entre centos de curiosidades, anécdotas e descubrimentos apaixoantes. 

Qué vos parece?

Moitos de vos seguramente xa paseáchedes con nós e cos vosos profes outros anos, pero este ano o imos facer todos os coles e institutos da Federación xuntos, porque xuntos conseguiremos saír de esto!

Propoñémosvos que coñezades a nosa cidade e lla poidades ensinar de un xeito divertido e diferente as vosas familias. 

Pincha na seguinte ligazón e... QUE COMECE A VIAXE! 



Para máis información, podes seguirnos na nosa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/itinerarios.virtuales.39 




RETO 7

MOI BOAS!

Hoxe empeza unha nova semaniña, e aínda que estamos de "vacacións" de Semana Santa, no Menéndez Pidal non queremos que os nosos rapaces e rapazas deixen de facer cousas. Por iso vos traemos un novo reto

MENTE EN FORMA > "Galicia lé"

Eres un apaixoado da lectura? Pois aquí che traemos unha boa nova. Por mor do confinamento, a plataforma virtual "Galica lé" será gratuíta nos próximos días. Trátase dunha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e incluso películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxecto facilitar o acceso á cultura de toda a cidadanía. 

Entra na páxina, descarga o que máis che guste, e envíanos unha foto / vídeo do que vaias ler. 


CORPO EN FORMA > "Cambio de man"

Tés unha pelota na casa? Pois esta é a túa oportunidade de demostrar as túas habilidades de baloncesto! A proba de hoxe consiste en facer sucesivos cambios de mans por debaixo das pernas durante un minuto. Cantos eres capaz de facer? Envíanos unha foto ou vídeo e demostranos o que vales!




Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar puntos para o teu centro. 

Clasificación semana 2

BOS DÍAS A TODOS!

Despois de dúas semanas de xogo e os 6 retos propostos en todos os coles que forman parte dos distintos programas da Federación Provincial de Anpas, esta é a clasificación:



Como vedes, no Menéndez Pidal aínda non fomos quen de estrear o noso marcador pero aínda estamos a tempo! Veña, ANÍMATE e envía as túas propostas ao correo fapasmenendezvidal@gmail.com



viernes, 3 de abril de 2020

RETO 6

HOLA A TODOS!

Outra semaniña máis que pasa, e cada vez estamos máis cerca de voltar á normalidade. Hoxe, coa finalidade de que pasedes unha boa e entretida fin de semana ben na compañía dos vosos familiares, traémosvos o seguinte reto:

PROBA CORPO EN FORMA > "A oca do confinamento"

Todos conocemos o xogo da oca non? Pois aquí vos deixamos unha variante con multitude de exercicios para non perder a forma. Tan só tes que imprimir a imaxe, coller un dado, tantas fichas como xogadores sexades e... a xogar! 



PROBA MENTE EN FORMA > "Sudoku"

E para relaxarnos un pouco despois de tanto exercicio, nada mellor que un bo rompecabezas que estimule a noso cerebro. Nesta ocasión, a proba consiste en completar as celdas vacías enchendo a cuadrícula de 9x9, que a sua vez está dividida en cadrados de 3x3 con números do 1 ao 9, de tal maneira que non se repitan na misma subcuadrícula, fila ou columna. 

OLLO! É de nivel difícil 😉



VAMOS, ANÍMATE!!! Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.

miércoles, 1 de abril de 2020

RETO 5

HOLA! 

Xa sabemos que no Menéndez Pidal gústanos moito o baloncesto, por iso o reto de hoxe está moi relacionado con este deporte. Agrupando as probas de corpo e mente en forma, consiste en facer unha análise de este último minuto tan emocionante que se viviu na final dos play-off entre o Real Madrid e o FC Barcelona. 

Pero, que é o que teño que facer?

Moi sinxelo. Terás que dar toda a información que sexas capaz: nº de canastras, nº de faltas, pérdidas, roubos, qué movementos hai nas xogadas en ataque (bloqueos, aclarados...), qué tipo de defensa se realiza (individual, en zona ou mixta) e todo o que saibas e queiras aportar. Canta máis información, mellor!

E si queres matrícula de honra (máis puntos) e sentirte entrenador ou entrenadora por un día, terás que responder as siguientes cuestións:
- ¿Cal crees que foi a chave do partido?
- Se ti foses o entrenador do Barcelona, ¿qué cambiarías para non ter perdido?



ADIANTE BALONCESTISTAS!!! 


Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com), pode ser en forma de imaxe si o queres escribir nun papel ou en forma de vídeo si o queres contar. Veña, anímate e saca o entrenador que levas dentro. 

lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 4

HOLA A TODOS E TODAS!

Hoxe empeza unha nova semana, e para empezar cheos de enerxía, aquí traemos os retos de hoxe:

PROBA CORPO EN FORMA > "Xogo tradicional"

Todos sabemos a gran riqueza cultural que temos en Galicia, por iso o reto de hoxe consiste en explicar un xogo tradicional galego e, si te atreves, facer unha demostración. Ti ou cos teus familiares. Recorda que cantos máis participen, mellor.

Aquí vos deixamos unha pista de un xogo moi sinxelo 


E como queremos facilitarvos a tarefa, nesta páxina web encontrarás unha gran variedade de xogos: http://xogostradicionais.gal/

PROBA MENTE EN FORMA > "Tangram"

Con esta proba, pretendemos que a túa destreza e capacidade constructiva, tamén xoga. Coas seguintes fichas, intenta formar tantas figuriñas como sexas capaz. Podes facelo coas fichas en blanco e negro, ou si prefieres, en color. 


Veña, a poñer esa cabeza a traballar. 




ANÍMATE!!! Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.

Clasificación

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na súa consecución.

Despois desta primeira semana, recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 días. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus". 

A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante: 



domingo, 29 de marzo de 2020

Bibliotecas virtuales

HOLA DE NOVO! 

Como vai ese fin de semana? Veña rapaces, que xa é domingo, unha semaniña menos para voltar á normalidade 💪

No Menéndez Pidal non queremos que os nosos alumnos deixen de aprender e seguir formándose, por iso, a continuación poñemos unha serie de enlaces que vos poden interesar. 

O Ministerio de Cultura e Deporte, de acordo coas pautas e recomendación da Unión Europea, promove a creación dunha serie de bibliotecas dixitales, ofrecendo acceso gratuito a libros, manuscritos, e todo tipo de documentos e recursos educativos que vos poden ser de interese. 


Además, para os aficionados a lectura, a Biblioteca da Universidade Complutense de Madrid, puxo a nosa disposición unha gran colección electrónica de máis de 130.000 libros electrónicos aos que se pode acceder dende a nosa casa. 


Non hai nada mellor que aproveitar este tempo para saber un chisco máis. Xa nos contaredes qué libro foi o que mais vos gustou ;)



RECORDADE QUE ESTADES A TEMPO DE ENVIAR AS VOSAS IMAXES / VÍDEOS DOS RETOS SEMANAIS Á DIRECCIÓN DE SEMPRE (fapasmenendezpidal@gmail.com).



viernes, 27 de marzo de 2020

RETO 3

HOLA DE NOVO! 

Hoxe xa é venres, e para pasar un fin de semana entretido, aquí vos traemos e terceiro e último reto de esta semana. 

PROBA CORPO EN FORMA > "Reto do triángulo"
Xa sabemos que cada vez sodes máis conscientes de que hai que quedar na casa; por iso, imos ver se sabedes cómo pasar o tempo en compañía das vosas familias á vez que movedes un pouco ese esqueleto. Nesta ocasión, teredes que grabarvos facendo este exercicio no que se precisa coordinación e sobre todo, cooperación entre vos.  Parece doado, pero, veredes que non é tanto ;)


PROBA MENTE EN FORMA > "Papiroflexia"
Agora é o momento de poñer a proba as túas capacidades artísticas. Con este reto, pretendemos que nos envíes unha foto ou vídeo teu con unha figuriña de papiroflexia. Cantas mais figuras fagas, mais puntos poderás conseguir! Aquí che deixamos un exemplo:



Recorda enviar a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e podrás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.


ADIANTE!


jueves, 26 de marzo de 2020

#10toquesChallenge

Aínda non te animaches a facer o Triatlón Hixiénico? 

Os futbolistas máis famosos do mundo xa o fixeron, aquí tes a proba. Aprende, entrena e...


... ANÍMATE TI TAMEN

miércoles, 25 de marzo de 2020

RETO 2

Vos días a todos e todas.

Aquí vos traemos o reto de hoxe:

PROBA CORPO EN FORMA > “Triatlón hixiénico” 
Como todos sabedes, o papel hixiénico é un ben que últimamente está moi de moda últimamente e nos queremos ser partícipe de isto. Por iso, che propoñemos as seguintes 3 tarifas:
1) Fútbol hixiénico > consiste en dar 10 toques seguidos a un rollo de papel hixiénico sin que se nos caiga. Igual que os futbolistas, te os prohibido usar as mans.
2) Voley hixiénico > agora sí é o momento de usar as mans; intenta dar 10 toques coas mans sin que che caia o rollo.
3) Basket hixiénico > como moitos sabedes, no Menéndez Pidal gústanos especialmente o baloncesto. E para demostrar o ben que se nos da, sitúa unha papeleira a un metro de distancia mais ou menos e fai 5 lanzamentos co rollo.

PROBA MENTE EN FORMA > “Un pouco de humor”
Cando corren tempos difíciles, é especialmente importante non perder o sentido do humor, por iso co seguinte reto pretendemos reír un pouco. Para iso, tan só tes que mandarnos un chiste contado por ti. Recorda que si mandas unha imaxe co chiste escrito recibirás 1 punto, pero si envías un vídeo serán 10 puntos. Ademáis, si consigues que alguen da tua casa che conte un, terás puntos extra.

Recorda enviar a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e podrás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.


ADIANTE CAMPIÓNS E CAMPIONAS

lunes, 23 de marzo de 2020

RETO 1

HOLA AMIGOS E AMIGAS!

Hoxe é lunes e para empezar ben a semana, aquí vos deixamos o primeiro reto que debedebes facer:

PROBA CORPO EN FORMA > "Quentando motores"


Aínda que non saiamos da casa, debemos manter a forma, Por esto, aquí vos deixamos 5 sinxelos exercicios:

1) Fai skipping no sitio durante 1 minuto.
2) De pé e cas mans na cintura, ponte de puntillas. Realizar 10 repeticións.
3) De pé, facer 10 círculos cara diante cos brazos e 10 círculos cara atrás.
4) Realiza 10 sentadillas correctamente, poñendo as pernas en noventa grados e a espalda recta.
5) Realiza 5 flexións.

PROBA MENTE EN FORMA > "A unión fai a fuerza"


Este é un lema que debemos ter presente ao longo da nosa vida, porque nos axudará a gañar moitas batallas e como no, ésta non será menos. Así pois, empecemos por facer noso este lema e sabendo que todos temos que ser responsables nesta loita, fagámolo visible entre todos.


Posto que este reto consiste en facer visible o lema #Quédateencasa, propoñemos que o fagas da forma máis divertida e orixinal que se che ocurra (un dibuxo, un cartel, pintando a cara...)
Aquí tés un exemplo:
FÁCIL NON? POIS ADIAN, DEMOSTRA O TEU INXENIO!



Recorda enviar a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e podrás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.



PD: si queres que publiquemos o teu reto neste blog, pulsa aquí https://forms.gle/QvrYpN37KAJPiRDz9


sábado, 21 de marzo de 2020

XAQUE MATE AO VIRUS

Este xogo online preséntase como unha alternativa a realización dos Programas de Ocio, ante a realidad que estamos vivindo coa propagación do virus COVID-19 e que, como consecuencia e medida de prevención e propagación, o Estado decretou a permanencias nas casas durante 14 días, prorrogables. 

Trátase dun sistema telemático no que se plantexa a participación on line dos nenos e nenas inscritos no Programa de Ocio (Deporte no centro, Ocio Educativo, Luditarde e Listen and Speak) nun xogo virtual que leva por título: XAQUE MATE AO VIRUS.

O obxectivo é facilitar ferramentas de ocio alternativas, colaborando nas tarefas de educar e ocupar máis que nunca ese espazo temporal forzoso para os nenos e nenas, aportando o noso graniño de area. 

O xogo consiste nun taboleiro virtual que contén 19 retos a superar relacionados con diferentes contidos ou áreas que se abordan nas actividades extraescolares, desde a ciencia, matemáticas, investigación, música ou movimiento hasta valores como a solidaridade, a responsabilidade e o ben común tan necesarios e importantes en estos momentos. 

Cada día presentarase un novo reto. Por cada reto conseguido entre todos os nenos e nenas, concédense unha serie de puntos ou antivirus necesarios para derrotar ao coronavirus e vaise avanzando. 








¡ATRÉVETE!

UNIDOS VENCEREMOS