lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 4

HOLA A TODOS E TODAS!

Hoxe empeza unha nova semana, e para empezar cheos de enerxía, aquí traemos os retos de hoxe:

PROBA CORPO EN FORMA > "Xogo tradicional"

Todos sabemos a gran riqueza cultural que temos en Galicia, por iso o reto de hoxe consiste en explicar un xogo tradicional galego e, si te atreves, facer unha demostración. Ti ou cos teus familiares. Recorda que cantos máis participen, mellor.

Aquí vos deixamos unha pista de un xogo moi sinxelo 


E como queremos facilitarvos a tarefa, nesta páxina web encontrarás unha gran variedade de xogos: http://xogostradicionais.gal/

PROBA MENTE EN FORMA > "Tangram"

Con esta proba, pretendemos que a túa destreza e capacidade constructiva, tamén xoga. Coas seguintes fichas, intenta formar tantas figuriñas como sexas capaz. Podes facelo coas fichas en blanco e negro, ou si prefieres, en color. 


Veña, a poñer esa cabeza a traballar. 




ANÍMATE!!! Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.

Clasificación

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na súa consecución.

Despois desta primeira semana, recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 días. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus". 

A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante: