No Menéndez Pidal non pechamos e aínda que sexa Semana Santa, queremos que os nosos rapaces sigan disfrutando e divertíndose nestes días difíciles. Por iso, aquí vos traemos unha nova proposta:
MENTE EN FORMA > "Códigos musicais"
Coa situación que estamos a atraversar, entendemos que non é doado exercitar a nosa cabeza estando todo día na casa. Pero nos traémosche a solución!! Co seguinte xogo faremos un exercicio de atención, concentración e memoria á vez que pasamos un anaco ben divertido e entretido en compañía da nosa familia.
É moi sinxelo, necesitamos varios folios de colores (si non tés, podes facelos ti mesmo/a pintando) e a partir de ahí, tan só temos que improvisar para crear diferentes melodías e intentar que o noso contrincante non sexa quen de repetir a secuencia.
Aquí deixamos un vídeo que vos pode servir de exemplo, mais queremos ver a vosa capacidade compositora!!
CORPO EN FORMA > "Ioga"
Despois de facer un exercicio de concentración tan esixente, é hora de relaxarnos. Para iso, propoñemos levar a cabo unha pequena clase de iniciación ao Ioga. No seguinte vídeo amosámosche unha demostración para principiantes.
CORPO EN FORMA > "Ioga"
Despois de facer un exercicio de concentración tan esixente, é hora de relaxarnos. Para iso, propoñemos levar a cabo unha pequena clase de iniciación ao Ioga. No seguinte vídeo amosámosche unha demostración para principiantes.
Si prefieres facelo pola túa conta, aquí tendes unha selección das posturas máis sinxelas
Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar puntos para o teu centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario