jueves, 9 de abril de 2020

Aulas Galegas

Boas de novo!

Aquí estamos un día máis para acercarvos cousas de interese que vos poidan axudar a levar o mellor posible este estado de alarma no que estamos inmersos. 

Hoxe traemos unha nova sección de interese chamada "Aulas Galegas", un portal educativo realizado por un colectivo de profesores e profesoras se ánimo de lucro de toda a Comunidade que pretende axudar ao alumnado e as familias.

                                 https://aulasgalegas.org/ 

No enlace poderás atopar recursos de todo tipo de materiais educativos en galego clasificado por nivel académico e materia. Además, dunha maneira gratuita, comparten contidos de elaboración propia feitos especificamente para esta iniciativa e tamén outros que paga a pena que vexades. 



Aproveitamos esta publicación de interese para recordarvos que no Menéndez Pidal aínda non puidemos estrear a nosa clasificación de puntos, pero estamos a tempo. Bótalle un ollo aos retos publicados anteriormente e envíanos a túa proposta ao correo fapasmenendezvidal@gmail.com 
TODO É CUESTIÓN DE EMPEZAR, QUE NON CHE DÉ VERGOÑA SER O/A PRIMEIRO/A!!