domingo, 29 de marzo de 2020

Bibliotecas virtuales

HOLA DE NOVO! 

Como vai ese fin de semana? Veña rapaces, que xa é domingo, unha semaniña menos para voltar á normalidade 💪

No Menéndez Pidal non queremos que os nosos alumnos deixen de aprender e seguir formándose, por iso, a continuación poñemos unha serie de enlaces que vos poden interesar. 

O Ministerio de Cultura e Deporte, de acordo coas pautas e recomendación da Unión Europea, promove a creación dunha serie de bibliotecas dixitales, ofrecendo acceso gratuito a libros, manuscritos, e todo tipo de documentos e recursos educativos que vos poden ser de interese. 


Además, para os aficionados a lectura, a Biblioteca da Universidade Complutense de Madrid, puxo a nosa disposición unha gran colección electrónica de máis de 130.000 libros electrónicos aos que se pode acceder dende a nosa casa. 


Non hai nada mellor que aproveitar este tempo para saber un chisco máis. Xa nos contaredes qué libro foi o que mais vos gustou ;)



RECORDADE QUE ESTADES A TEMPO DE ENVIAR AS VOSAS IMAXES / VÍDEOS DOS RETOS SEMANAIS Á DIRECCIÓN DE SEMPRE (fapasmenendezpidal@gmail.com).



No hay comentarios:

Publicar un comentario