HOLA HOLA!
Hoxe, para dar a benvida ao mes de maio e aproveitando estes días soleados, queremos propoñervos o seguinte RETO. Trátase dun OBRADOIRO FOTOGRÁFICO que levaremos a cabo ao longo de toda a semana aproveitando os nosos paseos diarios. Así, á vez que saimos a despexarnos, aproveitamos para pasar un anaco divertido
O único que necesitamos é unha cámara de fotos ou, no seu caso, un teléfono móbil. O seguinte paso é poñernos mans á obra: durante as nosas saídas fixarémonos naquelas cousas que vos chamen a atención e sacaremos unha FOTO. Poden ser cousas da natureza, animais, xente facendo deporte ou incluso vos mesmos!! Ahí van uns cantos exemplos:
O obxectivo é facer un gran collage con todas as vosas instantáneas. Ademáis, o/a gañador/a da mellor foto, levará un premio especial ✌
ANÍMATE e recorda enviarnos as túas fotos a fapasmenendezpidal@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario