lunes, 6 de abril de 2020

RETO 7

MOI BOAS!

Hoxe empeza unha nova semaniña, e aínda que estamos de "vacacións" de Semana Santa, no Menéndez Pidal non queremos que os nosos rapaces e rapazas deixen de facer cousas. Por iso vos traemos un novo reto

MENTE EN FORMA > "Galicia lé"

Eres un apaixoado da lectura? Pois aquí che traemos unha boa nova. Por mor do confinamento, a plataforma virtual "Galica lé" será gratuíta nos próximos días. Trátase dunha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e incluso películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxecto facilitar o acceso á cultura de toda a cidadanía. 

Entra na páxina, descarga o que máis che guste, e envíanos unha foto / vídeo do que vaias ler. 


CORPO EN FORMA > "Cambio de man"

Tés unha pelota na casa? Pois esta é a túa oportunidade de demostrar as túas habilidades de baloncesto! A proba de hoxe consiste en facer sucesivos cambios de mans por debaixo das pernas durante un minuto. Cantos eres capaz de facer? Envíanos unha foto ou vídeo e demostranos o que vales!




Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar puntos para o teu centro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario