HOLA!
Xa sabemos que no Menéndez Pidal gústanos moito o baloncesto, por iso o reto de hoxe está moi relacionado con este deporte. Agrupando as probas de corpo e mente en forma, consiste en facer unha análise de este último minuto tan emocionante que se viviu na final dos play-off entre o Real Madrid e o FC Barcelona.
Pero, que é o que teño que facer?
Moi sinxelo. Terás que dar toda a información que sexas capaz: nº de canastras, nº de faltas, pérdidas, roubos, qué movementos hai nas xogadas en ataque (bloqueos, aclarados...), qué tipo de defensa se realiza (individual, en zona ou mixta) e todo o que saibas e queiras aportar. Canta máis información, mellor!
E si queres matrícula de honra (máis puntos) e sentirte entrenador ou entrenadora por un día, terás que responder as siguientes cuestións:
- ¿Cal crees que foi a chave do partido?
- Se ti foses o entrenador do Barcelona, ¿qué cambiarías para non ter perdido?
ADIANTE BALONCESTISTAS!!!
Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com), pode ser en forma de imaxe si o queres escribir nun papel ou en forma de vídeo si o queres contar. Veña, anímate e saca o entrenador que levas dentro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario