lunes, 6 de abril de 2020

Itinerarios virtuais

Seguro que xa estades cansos de ter que estar nas vosas casas, pero aínda nos queda un pouquiño para poder vencer ao virus que nos está a rodear.

Alén disto, vos animamos a que nos acompañedes nos nosos paseos virtuais polas rúas da nosa cidade e perdernos entre centos de curiosidades, anécdotas e descubrimentos apaixoantes. 

Qué vos parece?

Moitos de vos seguramente xa paseáchedes con nós e cos vosos profes outros anos, pero este ano o imos facer todos os coles e institutos da Federación xuntos, porque xuntos conseguiremos saír de esto!

Propoñémosvos que coñezades a nosa cidade e lla poidades ensinar de un xeito divertido e diferente as vosas familias. 

Pincha na seguinte ligazón e... QUE COMECE A VIAXE! 



Para máis información, podes seguirnos na nosa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/itinerarios.virtuales.39 




RETO 7

MOI BOAS!

Hoxe empeza unha nova semaniña, e aínda que estamos de "vacacións" de Semana Santa, no Menéndez Pidal non queremos que os nosos rapaces e rapazas deixen de facer cousas. Por iso vos traemos un novo reto

MENTE EN FORMA > "Galicia lé"

Eres un apaixoado da lectura? Pois aquí che traemos unha boa nova. Por mor do confinamento, a plataforma virtual "Galica lé" será gratuíta nos próximos días. Trátase dunha plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e incluso películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxecto facilitar o acceso á cultura de toda a cidadanía. 

Entra na páxina, descarga o que máis che guste, e envíanos unha foto / vídeo do que vaias ler. 


CORPO EN FORMA > "Cambio de man"

Tés unha pelota na casa? Pois esta é a túa oportunidade de demostrar as túas habilidades de baloncesto! A proba de hoxe consiste en facer sucesivos cambios de mans por debaixo das pernas durante un minuto. Cantos eres capaz de facer? Envíanos unha foto ou vídeo e demostranos o que vales!




Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar puntos para o teu centro. 

Clasificación semana 2

BOS DÍAS A TODOS!

Despois de dúas semanas de xogo e os 6 retos propostos en todos os coles que forman parte dos distintos programas da Federación Provincial de Anpas, esta é a clasificación:



Como vedes, no Menéndez Pidal aínda non fomos quen de estrear o noso marcador pero aínda estamos a tempo! Veña, ANÍMATE e envía as túas propostas ao correo fapasmenendezvidal@gmail.com