lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 4

HOLA A TODOS E TODAS!

Hoxe empeza unha nova semana, e para empezar cheos de enerxía, aquí traemos os retos de hoxe:

PROBA CORPO EN FORMA > "Xogo tradicional"

Todos sabemos a gran riqueza cultural que temos en Galicia, por iso o reto de hoxe consiste en explicar un xogo tradicional galego e, si te atreves, facer unha demostración. Ti ou cos teus familiares. Recorda que cantos máis participen, mellor.

Aquí vos deixamos unha pista de un xogo moi sinxelo 


E como queremos facilitarvos a tarefa, nesta páxina web encontrarás unha gran variedade de xogos: http://xogostradicionais.gal/

PROBA MENTE EN FORMA > "Tangram"

Con esta proba, pretendemos que a túa destreza e capacidade constructiva, tamén xoga. Coas seguintes fichas, intenta formar tantas figuriñas como sexas capaz. Podes facelo coas fichas en blanco e negro, ou si prefieres, en color. 


Veña, a poñer esa cabeza a traballar. 




ANÍMATE!!! Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.

No hay comentarios:

Publicar un comentario