viernes, 24 de abril de 2020

RETO 10

HOLA HOLA!

Por fin venres rapaces! Unha semaniña menos para voltar a normalidade ✌

Como queremos que sigades disfrutando de esta cuarentena na medida do posible, hoxe traemos un reto moi divertido que estamos seguros de que vos gustará. Aparte de ser moi sinxelo, poderedes sentivos unha auténticas estrelas da televisión, xa que vos presentamos tres probas diferentes que forman parte dun concurso. 

PROBA 1 > actividade moi sinxela na que se mostran diferentes pistas e teredes que relacionalas co deporte correspondiente. 



PROBA 2 > sopa de letras na que terás que atopar algunha das profesións máis de moda nestes intres. Con ela pretendemos facer unha pequena homenaxe a todos os que o están dando todo nesta crise. 



PROBA 3 > rosco de pasapalabra! 



Pincha nos enlaces e pasa un anaco ben divertido! Recorda enviar unha foto ou un vídeo a fapasmenendezpidal@gmail.com para amosarnos o ben que o fas.