HOLA DE NOVO!
Hoxe xa é venres, e para pasar un fin de semana entretido, aquí vos traemos e terceiro e último reto de esta semana.
PROBA CORPO EN FORMA > "Reto do triángulo"
Xa sabemos que cada vez sodes máis conscientes de que hai que quedar na casa; por iso, imos ver se sabedes cómo pasar o tempo en compañía das vosas familias á vez que movedes un pouco ese esqueleto. Nesta ocasión, teredes que grabarvos facendo este exercicio no que se precisa coordinación e sobre todo, cooperación entre vos. Parece doado, pero, veredes que non é tanto ;)
PROBA MENTE EN FORMA > "Papiroflexia"
Agora é o momento de poñer a proba as túas capacidades artísticas. Con este reto, pretendemos que nos envíes unha foto ou vídeo teu con unha figuriña de papiroflexia. Cantas mais figuras fagas, mais puntos poderás conseguir! Aquí che deixamos un exemplo:
Recorda enviar a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e podrás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.
ADIANTE!
No hay comentarios:
Publicar un comentario