viernes, 3 de abril de 2020

RETO 6

HOLA A TODOS!

Outra semaniña máis que pasa, e cada vez estamos máis cerca de voltar á normalidade. Hoxe, coa finalidade de que pasedes unha boa e entretida fin de semana ben na compañía dos vosos familiares, traémosvos o seguinte reto:

PROBA CORPO EN FORMA > "A oca do confinamento"

Todos conocemos o xogo da oca non? Pois aquí vos deixamos unha variante con multitude de exercicios para non perder a forma. Tan só tes que imprimir a imaxe, coller un dado, tantas fichas como xogadores sexades e... a xogar! 



PROBA MENTE EN FORMA > "Sudoku"

E para relaxarnos un pouco despois de tanto exercicio, nada mellor que un bo rompecabezas que estimule a noso cerebro. Nesta ocasión, a proba consiste en completar as celdas vacías enchendo a cuadrícula de 9x9, que a sua vez está dividida en cadrados de 3x3 con números do 1 ao 9, de tal maneira que non se repitan na misma subcuadrícula, fila ou columna. 

OLLO! É de nivel difícil 😉



VAMOS, ANÍMATE!!! Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.

miércoles, 1 de abril de 2020

RETO 5

HOLA! 

Xa sabemos que no Menéndez Pidal gústanos moito o baloncesto, por iso o reto de hoxe está moi relacionado con este deporte. Agrupando as probas de corpo e mente en forma, consiste en facer unha análise de este último minuto tan emocionante que se viviu na final dos play-off entre o Real Madrid e o FC Barcelona. 

Pero, que é o que teño que facer?

Moi sinxelo. Terás que dar toda a información que sexas capaz: nº de canastras, nº de faltas, pérdidas, roubos, qué movementos hai nas xogadas en ataque (bloqueos, aclarados...), qué tipo de defensa se realiza (individual, en zona ou mixta) e todo o que saibas e queiras aportar. Canta máis información, mellor!

E si queres matrícula de honra (máis puntos) e sentirte entrenador ou entrenadora por un día, terás que responder as siguientes cuestións:
- ¿Cal crees que foi a chave do partido?
- Se ti foses o entrenador do Barcelona, ¿qué cambiarías para non ter perdido?



ADIANTE BALONCESTISTAS!!! 


Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com), pode ser en forma de imaxe si o queres escribir nun papel ou en forma de vídeo si o queres contar. Veña, anímate e saca o entrenador que levas dentro. 

lunes, 30 de marzo de 2020

RETO 4

HOLA A TODOS E TODAS!

Hoxe empeza unha nova semana, e para empezar cheos de enerxía, aquí traemos os retos de hoxe:

PROBA CORPO EN FORMA > "Xogo tradicional"

Todos sabemos a gran riqueza cultural que temos en Galicia, por iso o reto de hoxe consiste en explicar un xogo tradicional galego e, si te atreves, facer unha demostración. Ti ou cos teus familiares. Recorda que cantos máis participen, mellor.

Aquí vos deixamos unha pista de un xogo moi sinxelo 


E como queremos facilitarvos a tarefa, nesta páxina web encontrarás unha gran variedade de xogos: http://xogostradicionais.gal/

PROBA MENTE EN FORMA > "Tangram"

Con esta proba, pretendemos que a túa destreza e capacidade constructiva, tamén xoga. Coas seguintes fichas, intenta formar tantas figuriñas como sexas capaz. Podes facelo coas fichas en blanco e negro, ou si prefieres, en color. 


Veña, a poñer esa cabeza a traballar. 




ANÍMATE!!! Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.

Clasificación

Completamos a primeira semana do proxecto "Xaque ao Virus". Unha primeira semana con 3 retos propostos aos escolares de 30 centros educativos da cidade e que fomentaron a participación das familias na súa consecución.

Despois desta primeira semana, recibimos máis de 700 respostas en forma de fotos e vídeos. Esto supón pasar da barreira dos 4000 puntos en só 7 días. Puntos que se traducen en outros tantos Antivirus para a "loita virtual contra o Coronavirus". 

A continuación presentamos os puntos obtidos por cada centro participante: 



domingo, 29 de marzo de 2020

Bibliotecas virtuales

HOLA DE NOVO! 

Como vai ese fin de semana? Veña rapaces, que xa é domingo, unha semaniña menos para voltar á normalidade 💪

No Menéndez Pidal non queremos que os nosos alumnos deixen de aprender e seguir formándose, por iso, a continuación poñemos unha serie de enlaces que vos poden interesar. 

O Ministerio de Cultura e Deporte, de acordo coas pautas e recomendación da Unión Europea, promove a creación dunha serie de bibliotecas dixitales, ofrecendo acceso gratuito a libros, manuscritos, e todo tipo de documentos e recursos educativos que vos poden ser de interese. 


Además, para os aficionados a lectura, a Biblioteca da Universidade Complutense de Madrid, puxo a nosa disposición unha gran colección electrónica de máis de 130.000 libros electrónicos aos que se pode acceder dende a nosa casa. 


Non hai nada mellor que aproveitar este tempo para saber un chisco máis. Xa nos contaredes qué libro foi o que mais vos gustou ;)



RECORDADE QUE ESTADES A TEMPO DE ENVIAR AS VOSAS IMAXES / VÍDEOS DOS RETOS SEMANAIS Á DIRECCIÓN DE SEMPRE (fapasmenendezpidal@gmail.com).



viernes, 27 de marzo de 2020

RETO 3

HOLA DE NOVO! 

Hoxe xa é venres, e para pasar un fin de semana entretido, aquí vos traemos e terceiro e último reto de esta semana. 

PROBA CORPO EN FORMA > "Reto do triángulo"
Xa sabemos que cada vez sodes máis conscientes de que hai que quedar na casa; por iso, imos ver se sabedes cómo pasar o tempo en compañía das vosas familias á vez que movedes un pouco ese esqueleto. Nesta ocasión, teredes que grabarvos facendo este exercicio no que se precisa coordinación e sobre todo, cooperación entre vos.  Parece doado, pero, veredes que non é tanto ;)


PROBA MENTE EN FORMA > "Papiroflexia"
Agora é o momento de poñer a proba as túas capacidades artísticas. Con este reto, pretendemos que nos envíes unha foto ou vídeo teu con unha figuriña de papiroflexia. Cantas mais figuras fagas, mais puntos poderás conseguir! Aquí che deixamos un exemplo:



Recorda enviar a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e podrás gañar 2 puntos / antivirus para o teu centro. Si eres máis atrevido, envía un vídeo e recibirás 20 puntos / antivirus.


ADIANTE!


jueves, 26 de marzo de 2020

#10toquesChallenge

Aínda non te animaches a facer o Triatlón Hixiénico? 

Os futbolistas máis famosos do mundo xa o fixeron, aquí tes a proba. Aprende, entrena e...


... ANÍMATE TI TAMEN