lunes, 4 de mayo de 2020

RETO 11

HOLA HOLA! 

Hoxe, para dar a benvida ao mes de maio e aproveitando estes días soleados, queremos propoñervos o seguinte RETO. Trátase dun OBRADOIRO FOTOGRÁFICO que levaremos a cabo ao longo de toda a semana aproveitando os nosos paseos diarios. Así, á vez que saimos a despexarnos, aproveitamos para pasar un anaco divertido 

O único que necesitamos é unha cámara de fotos ou, no seu caso, un teléfono móbil. O seguinte paso é poñernos mans á obra: durante as nosas saídas fixarémonos naquelas cousas que vos chamen a atención e sacaremos unha FOTO. Poden ser cousas da natureza, animais, xente facendo deporte ou incluso vos mesmos!! Ahí van uns cantos exemplos:






O obxectivo é facer un gran collage con todas as vosas instantáneas. Ademáis, o/a gañador/a da mellor foto, levará un premio especial ✌



ANÍMATE e recorda enviarnos as túas fotos a fapasmenendezpidal@gmail.com 



viernes, 24 de abril de 2020

RETO 10

HOLA HOLA!

Por fin venres rapaces! Unha semaniña menos para voltar a normalidade ✌

Como queremos que sigades disfrutando de esta cuarentena na medida do posible, hoxe traemos un reto moi divertido que estamos seguros de que vos gustará. Aparte de ser moi sinxelo, poderedes sentivos unha auténticas estrelas da televisión, xa que vos presentamos tres probas diferentes que forman parte dun concurso. 

PROBA 1 > actividade moi sinxela na que se mostran diferentes pistas e teredes que relacionalas co deporte correspondiente. 



PROBA 2 > sopa de letras na que terás que atopar algunha das profesións máis de moda nestes intres. Con ela pretendemos facer unha pequena homenaxe a todos os que o están dando todo nesta crise. 



PROBA 3 > rosco de pasapalabra! 



Pincha nos enlaces e pasa un anaco ben divertido! Recorda enviar unha foto ou un vídeo a fapasmenendezpidal@gmail.com para amosarnos o ben que o fas. 

lunes, 20 de abril de 2020

Clasificación semana 4

HOLA HOLA!

A continuación adxuntamos a clasificación da cuarta semana de este "Xaque ao Virus". Como podedes comprobar, grazas ao esforzo de todos nós, estamos a conseguir unha chea de puntos, o cal significa que estamos preto de vencer este virus 💪


Aproveitamos esta publicación para facer unha mención especial aos que están ahí, en primeira liña de batalla peleando un día tras outro. E que mellor maneira de facelo que este cómic de JULIO ZANFAÑO:



¡GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!

viernes, 17 de abril de 2020

RETO 9

BOAS!

Hoxe, para rematar a semana traemos un novo reto. Supoñemos que todos tendes na casa unha baralla de cartas non? Pois a proba consiste en facer un CASTELO DE NAIPES. Canto máis alta e máis cartas, MELLOR. 



É moi sinxelo e servirá para axitar tanto a vosa concentración como o voso corpo.  Aquí vos deixamos un vídeo que vos pode servir de axuda. 




VEÑA, A TRABALLAR! Fai o teu castelo e envía unha foto ou un vídeo a fapasmenendezpidal@gmail.com


BOA FIN DE SEMANA!! 

miércoles, 15 de abril de 2020

Videochamada

HOLA HOLA!!!

Qué tal vai o confinamento rapaces? Hoxe, en vez de un reto, traemos unha nova proposta que creemos que vos gustará.

Seguro que despois de tantas semanas sin ver aos vosos colegas, botádelos de menos. Por iso, dende a Federación pensamos que vos gustaría poder compartir un anaco divertido con eles e contarvos qué tal levades esta situación.

Cómo imos facer iso? Moi sinxelo. A nosa proposta é levar a cabo unha videochamada a través dunha plataforma chamada "Zoom", donde ademáis de ver aos vosos colegas e poder falar con eles en vivo e en directo, haberá moitas sorpresas ;) 

Qué hai que facer? Nada, tan só tes que enviar un correo a dirección do blog fapasmenendezvidal@gmail.com e nós enviaremosche un correo de volta coas instruccións.




VEÑA, ANIMÁDEVOS!




lunes, 13 de abril de 2020

Clasificación semana 3

Hola de novo!

Despois das "vacacións" de Semana Santa, a clasificación xeral é a seguinte: 


Ánimo rapaces, que xa queda menos.

viernes, 10 de abril de 2020

RETO 8

MOI BOAS RAPAZADA!

No Menéndez Pidal non pechamos e aínda que sexa Semana Santa, queremos que os nosos rapaces sigan disfrutando e divertíndose nestes días difíciles. Por iso, aquí vos traemos unha nova proposta:

MENTE EN FORMA > "Códigos musicais"

Coa situación que estamos a atraversar, entendemos que non é doado exercitar a nosa cabeza estando todo día na casa. Pero nos traémosche a solución!! Co seguinte xogo  faremos un exercicio de atención, concentración e memoria á vez que pasamos un anaco ben divertido e entretido en compañía da nosa familia. 

É moi sinxelo, necesitamos varios folios de colores (si non tés, podes facelos ti mesmo/a pintando) e a partir de ahí, tan só temos que improvisar para crear diferentes melodías e intentar que o noso contrincante non sexa quen de repetir a secuencia. 

Aquí deixamos un vídeo que vos pode servir de exemplo, mais queremos ver a vosa capacidade compositora!!



CORPO EN FORMA > "Ioga"

Despois de facer un exercicio de concentración tan esixente, é hora de relaxarnos. Para iso, propoñemos levar a cabo unha pequena clase de iniciación ao Ioga. No seguinte vídeo amosámosche unha demostración para principiantes.


Si prefieres facelo pola túa conta, aquí tendes unha selección das posturas máis sinxelas

Envía a túa proposta ao correo de contacto de este blog (fapasmenendezvidal@gmail.com) e poderás gañar puntos para o teu centro.